16 de abril de 2015

Educar na Realidade

“Un padre subiendo la montaña con sus dos hijos. Les dice «mirad hijos míos, que puesta de sol tan bonita», a lo que sus hijos responden, «jolines, papá, ¡dos horas caminando para ver un fondo de pantalla!».

Fonte:  ABC: Educar en la realidad

15 de abril de 2015

Deberes escolares?


Escrito dun profesor  de bioloxía que denuncia o absurdo, arbitrario e contraproducente dos deberes, en Primaria sobre todo.

Fonte: todoeldiaconectados.com

11 de abril de 2015

Insignias dixitais

É cada vez máis común observar insignias en blogs e páxinas web, a xeito de iconas ou logotipos dixitais, que foron adxudicados por unha institución e que validan a adquisición duns coñecementos, a finalización dun proxecto, a conquista dunha competencia, o dominio dun software ou mesmo recoñecen unha calidade ou experiencia obtida dentro dun ámbito de aprendizaxe.




Este tipo de credenciais estanse a estender no campo da educación e pretenden cambiar o xeito en que se recoñece e certifica unha aprendizaxe ou un logro. A aprendizaxe, hoxe en día, grazas ás novas tecnoloxías, acontece en todas as partes, pero con frecuencia é difícil obter recoñecemento por habilidades que se adquiren online, fóra dunha institución educativa e de forma informal.