27 de marzo de 2016

Deberes sí, deberes non.




Como pais e nais queremos cos nosos fillos e fillas teñan todo e se formen para defenderse o día de mañá nesta sociedade que cada día pon máis difíciles as cousas, mais temos que analizar se realmente esas horas interminables de deberes levan a bo porto.Os cativos e as cativas fan os deberes co único obxectivo de non ser castigados polos pais e nais ou sufrir o reproche do profesorado, pero non conseguen ver a súa utilidade.

Coa intención de enxuiciar e argumentar con coñecemento sobre o controvertido tema da conveniencia dos deberes, achegamos dous artigos, de Carmen Pomar Tojo e Xosé Manuel Atanes Limia.